Buscar
..:: Comunicado Grupo Doxa ::.. Rexistrarse  Entrar
Comunicado do profesorado de Filosofía de Lugo
Co motivo da celebración o 28 de Xaneiro do Patrón do Ensino, San Tomé de Aquino, filósofo medieval, e a iniciativa do grupo DOXA, os profesores de Filosofía de Lugo van converter as súas aulas en lugares para o debate e a reflexión en defensa da filosofía, ante o feito de que o anteproxecto da nova Lei de Educación (LOMCE) prevé a práctica desaparición das materias de Historia da Filosofía, Ética e Educación para a Cidadanía. Os profesores de Filosofía de Lugo queren convidar a sumarse a esta iniciativa ao profesorado en xeral, e facela chegar á comunidade educativa e á propia cidadanía, co obxecto de valorar e defender o papel da Filosofía na formación integral dos estudantes de ensino secundario, unha formación que se ve ameazada pola supresión da Filosofía no anteproxecto da LOMCE. Esta acción enmárcase nunha serie de actos reivindicativos que está a desenvolver a Red Española de Filosofía (REF), que terá continuación en próximas datas de febreiro e marzo.
Copyright - (c) 2017 Asociación de Estudos Filosóficos Doutor Castro