Buscar
..:: Publicar artigos na web da A.E.F. Doutor Castro ::.. Rexistrarse  Entrar
 Normas para a admisión de artigos

Artigos: os textos que se remitan a “A.E.F. Doutro Castro” a fin de seren publicados na páxina web terán que ser enviados dirección de correo aefcastro@gmail.com nun arquivo .doc ou pdf no que constará o escrito en cuestión coas páxinas numeradas e cun máximo recomendado de 60 páxinas, con tipo de letra Times New Roman de tamaño 12 e interliñado de 1,5, e unha declaración na que consten:

   - O permiso expreso do autor ou autores para que a “A.E.F. Doutro Castro” publique o texto.

   - Declaración na que se identifique o texto como “orixinal” ou “tradución”. No caso de ser unha tradución deberanse axuntar os datos bibliográficos do texto orixinal e unha copia da concesión dos dereitos de tradución á lingua galega do autor ou autores orixinais.

   - Currículo do autor ou autores, enderezo permanente, teléfono de contacto e enderezo electrónico.

Resumo: o resumo figurará na primeira páxina do arquivo e non terá unha extensión superior ás 200 palabras.

Notas: as notas do título ou subtítulo do texto irán marcadas con asterisco. O resto irán numeradas consecutivamente. En calquera caso todas elas deberán ir ó pe de páxina e non ó final do texto.

Táboas, Figuras e Fotografías: As Táboas, co seu propio encabezamento, e as Figuras e Fotografías, cos seus propios pés, irán integradas no texto ou nun anexo ó final del segundo o criterio do autor ou autores. O número de Táboas, Figuras ou Fotografías corresponderá determinalo ó autor ou autores, en calquera caso o arquivo completo non excederá nunca dos 2,5 Mb.

Referencias bibliográficas:

1) Integradas no texto: a referencia completa aparecerá na lista bibliográfica final: «Apelidos (ano, páx. 356-357)»

2) Como nota ó pé:

   a) Libros: APELIDOS, Nome: Título do libro. Lugar, Editorial, ano.

   b) Artigos en revistas: APELIDOS, Nome: “Título”, en Revista, Tomo XI (ou, no seu caso: Nº 45), ano, páx. 345-456.

   c) Capítulos de libros: APELIDOS, Nome: “Título do capítulo”, en Título do libro, Lugar, Editorial, ano, páx. 345-456.

A lista bibliográfica final ordenarase alfabeticamente polo apelido do autor e, no caso do mesmo autor, por orde cronolóxica. O estilo será o mesmo que o das notas.

Correción dos traballos: Se a Dirección da Asociación o considera oportuno o autor recibirá as probas de imprenta nas que non se admitirán cambios significativos do texto. A corrección farase nun prazo máximo de 15 días.

No seu caso, os autores poderán remitir, xunto ó escrito orixinal en galego, traducións ás linguas que estimen oportuno para unha maior accesibilidade dos internautas non galegos. 

A A.E.F. Doutor Castro reserva para si o dereito de admisión e selección dos traballos presentados. A resolución que se adopte terá en todo caso carácter inapelable. A presentación de orixinais supón a aceptación das bases e resolucións que se consideren oportunas e a renuncia a calquera tipo de reclamación.


  

Copyright - (c) 2017 Asociación de Estudos Filosóficos Doutor Castro